Mario Páramo

Mario Páramo é psiquiatra clínico e xefe do servizo de Psiquiatría da área sanitaria de Santiago de Compostela – Barbanza dende 2013. Forma parte do grupo de Xenética Psiquiátrica do IDIS dende a súa creación, participando en diversos proxectos de investigación e publicacións. Tamén é membro do Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía (GRISAMP) da USC, centrado na aplicación de novas tecnoloxías no tratamento e prevención da patoloxía psiquiátrica.