Liñas de Investigación

As principais liñas de investigación do grupo de Xenética Psiquiátrica son:
Identificación de factores xenéticos de predisposición a trastornos mentais, principalmente esquizofrenia e trastornos por uso de drogas
Estimas de puntuacións individuais de risco polixénico a sufrir trastornos mentais debido a variantes comúns ao longo do xenoma
Asociación de puntuacións de risco polixénico con características clínicas
Identificación de conxuntos de xenes funcionalmente relacionados implicados na susceptibilidade a trastornos mentais
Identificación de variantes xenéticas raras de risco elevado a sufrir trastornos mentais
Interacción/correlación entre factores xenéticos e ambientais na susceptibilidade a trastornos mentais
Susceptibilidade xenética compartida entre trastornos mentais e a súa implicación na comorbilidade, principalmente patoloxía dual (presenza dunha drogodependencia e outro trastorno mental)
Implicacións da susceptibilidade xenética compartida entre diferentes trastornos mentais na taxonomía xerarquizada da psicopatoloxía